To content (skip navigation)

.


Qué é "Percucoro"?

Debido ás inquedanzas das profesoras Irene Cerqueiro (canto) e Olalla Ferga (percusión) ofertamos un novo curso que non vos deixará indiferentes
Ambas lograron deseñar unhas clases grupais para idades xuvenil e adulto onde a voz e o ritmo serán os principais protagonistas: percusión corporal, harmonías vocais, ritmos, repertorio variado e diferentes instrumentos de percusión farán o cóctel perfecto.
Apetéceche probar?

Moi pronto realizaremos unha clase de proba. Avisaremos con tempo!


   
   

   

Obxectivos:

Xerais

1. Ser capaz de tocar/cantar en grupo sendo consciente do que fai o resto.
2. Conseguir tocar/cantar de memoria algunha das pezas.
3. Lograr unha correcta execución técnica psicomotriz ou de disociación de voces.
4. Coñecer e ampliar o repertorio musical dos alumnos.
5. Racionalizar o traballo feito asimilando conceptos da teoría musical.

Canto

1. Lograr unha correcta emisión vocal.
2. Ler unha partitura de pouca dificultade no momento.
3. Ser capaz de crear harmonías de forma espontánea, así como de aprendelas de xeito guiado.
5. Coñecer e experimentar de forma exitosa os diferentes tipos de polifonías.
6. Conseguir seguridade á hora de improvisar melodías.

Percusión

1. Ser capaz de emitir sons do teu corpo con diferentes alturas.
2. Executar e coñecer os instrumentos de pequena percusión.
3. Descubrir ritmos e estilos de diferente orixe.
4. Ter a habilidade de adaptarse a distintos escenarios musicais e resolver facendo uso da improvisación.





   
   

   

Contidos



Xerais

Escoita activa, traballo do oído musical. (obx.1)
Práctica en grupo, compañerismo. (obx.1)
Práctica da memoria por medio da imitación. (obx.2)
Coordinación, lateralidade e disociación tanto física como cognitiva. (obx.3)
Interpretación e análise de diferentes estilos musicais. (obx.4)
Teoría musical relacionada co traballo de cada sesión. (obx.5)

Canto

Respiración, entoación, articulación e resonancia vocal. (obx.1)
Vocalizacións tanto melódicas como harmónicas (cantar acordes). (obx.1 e 3)
Práctica de lectura a vista. (obx.2)
Harmonización de melodías, previo traballo interválico. (obx.3)
Práctica das diferentes texturas: polifónica e contrapuntística. (obx.4)
Improvisación vocal por medio de técnicas como o Scat Singing. (obx.5)

Percusión

Percusión corporal: palmas, pes, chasquidos de dedos, grafías, etc.. (obx.1)
Coñecemento dos instrumentos de pequena percusión e a súa execución. (obx.2)
Ritmos simples, compostos e populares. (obx. 3)
Polirritmia y polimetría. (obx. 3 xerais) Improvisación rítmica individual e grupal. (obx. 4)




A nivel instrumental os alumnos empregarán pequena percusión:
pandeireta, claves, güiro, maracas, shakers, triángulo...